Ola pequen@s!
Como estades?
Quería darvos as grazas polas cartas que me mandástedes a través da profe Cristina. Que bonitas! Emocioneime! Eu tamén vos boto moito de menos!
Agora estou nun cole na Serra de Outes, cerca de Noia, e teño 20 alumnos e alumnas de 2º. Teño clase ata as cinco da tarde, igual que vos, así que me é moi complicado acercarme a vervos, pero a ver se un día podo.
O outro día nas xornadas estiven falando da NOSA RADIO NO PEDRAYO, do vídeo contra a violencia de xénero, do calendario de adviento... e de moitos outros traballos que fixéstedes así que, mirade por donde, estádesvos facendo un pouquiño famosos!
Recordade que para facer todos eses traballos ben feitos tivemos que traballar duro e intentalo moitas veces, nunca olvidedes que sen esforzo non hai recompensa.
Bicos e apertas! Que nunca vos fallen as gañas de aprender!
Patricia
P.D. Grazas Cristina por facer de Carteiro Real e polas túas palabras! ;)
lunes, 27 de abril de 2015
jueves, 8 de enero de 2015
MERENDOLA E FIN DE CURSO
Ola pequenos e pequenas!
Atopei na cámara as fotos da merendola que fixemos en fin de curso 2014 así como as da actuación, aquí volas deixo de recordo.
Espero que estedes estudando moito e aprendendo máis! Mándovos un bico grandote!
Que sexades moi, moi felices!
ATA SEMPRE!
jueves, 5 de junio de 2014
A NOSA RADIO NO PEDRAIO II
Aquí vos deixo o programa que gravamos en Radio Voz Bergantiños o día 22 de Maio. Seguimos na nosa línea de respeto e convivencia e con novas seccións. Esperamos que vos guste!
miércoles, 28 de mayo de 2014
OBRA DE TEATRO
Hoxe pola tarde fomos ver unha obra de teatro preparada pola profe de relixión e os alumnos e alumnas de 6º titulada MIROS, esta obra trataba sobre un neno refuxiado da guerra de Bosnia. Aquí vos deixamos unhas fotos.
AVISO PARA AS FAMILIAS: EMISIÓN DO PROGRAMA EN RADIO VOZ.
Definitivamente "A Nosa Radio no Pedraio" emitirase mañá xoves de 11.10 a 11.30 horas. Se non a podedes escoitar subiremos ao blog o enlace da gravación que nos mandarán a media tarde. No periódico "La Voz de Galicia" sacarán a nova ou xoves ou venres.
GRAZAS!
GRAZAS!
TAMBIÉN SOMOS DIRECTORES DE CINE!
Picad en los nombres para ver las películas:
"El abuelo y yo" de NOEMÍ
"Los Zombies" de ADÁN
"Hermanas tontas" de OMNIA
"Amigas amigables" de ANTÍA
"Dos amigos" de PAULO
"Mejores amigos" de CARLA
Falta la película de Gabriel que no se por que motivo no la guardamos y también estaba realmente bien. La razón de que no haya acentos y que los singnos de admiración y puntuación no vayan al principio es porque la aplicación está en inglés! Y por cierto... que tampoco hay "ñ", claro...
Falta la película de Gabriel que no se por que motivo no la guardamos y también estaba realmente bien. La razón de que no haya acentos y que los singnos de admiración y puntuación no vayan al principio es porque la aplicación está en inglés! Y por cierto... que tampoco hay "ñ", claro...
martes, 27 de mayo de 2014
RADIO VOZ
Pois aí estamos como verdadeiro locutores de radio nas instalacións de Radio Voz en Carballo. A emisión do programa será, en principio, o XOVES 29 DE MAIO de 11 a 12 da mañá e seguramente nos sacarán no periódico o venres ou sábado (xa volo confirmaremos)
Aquí vos deixamos un anticipo do que aconteceu.
GRAVANDO EN RADIO VOZ from Patricia Pena on Vimeo.
Aquí vos deixamos un anticipo do que aconteceu.
lunes, 26 de mayo de 2014
AVALIAMOS A NOSA EXPERIENCIA COA RADIO A PARTIR DA MÚSICA.
Hoxe estivemos falando da nosa experiencia como locutores de radio e da visita a RADIO VOZ. Para avaliar esta viaxe utilizamos unha forma diferente (a esta avaliación chámaselle figuro-analóxica).
A profe escolleu catro cancións con catro tipos de músicas:
- MÚSICA CLÁSICA.
- MERENGUE.
- FOLK
- ROCK.
A nosa avaliación foi a seguinte:
A profe escolleu catro cancións con catro tipos de músicas:
- MÚSICA CLÁSICA.
- MERENGUE.
- FOLK
- ROCK.
A nosa avaliación foi a seguinte:
- Uriel: Elijo merengue porque fue animada y
nuestra radio no es para aburrir ni para estar triste.
-
David: Elijo merengue porque es muy
motivada y divertida.
-
Jonathan: Yo prefiero elegir el Jazz porque me
gustó la radio y el Jazz también.
-
Paulo: Clásica: porque si tenemos un
problema la escuchamos y nos tranquilizamos.
-
Omnia: Merengue porque no paramos quietas,
estábamos como corderos.
-
Alexia: merengue, porque fue más animada.
-
Eric: merengue porque es alegre y te
movías.
-
Sergio: Merengue, porque foi moi divertido ir
á radio.
-
Carla: el rock porque al principio empezaba
pum-pum-pum como nuestro corazón cuando se pone nervioso.
-
Manuel: o merengue porque me gusta e me
motiva. Cando estaba alí estaba tranquilo e motivado.
-
Antía: Yo tengo dos. Folk porque es atento,
divertido y tranquilo y el merengue porque es divertido.
-
Santi: rock, porque es animado.
-
Yago:
merengue porque la radio la hicimos tranquilos.
-
Gabriel:
clásica porque la radio me relaja.
-
Noemí:
merengue porque fue muy alegre y divertida.
-
Ainara:
merengue porque fue muy alegre y divertida como la radio.
-
Fátima:
merengue porque foi divertida é clásica porque foi tranquila e non lle puxemos
moito ánimo ao falar.
Adán. Rock porque o rock mola e a radio tamén
mola.
martes, 20 de mayo de 2014
O DÍA 22 VOLTAMOS Á RADIO!
Recordade familias o día 22, o xoves, ás 15.15 imos gravar "A NOSA RADIO NO PEDRAIO II" nas instalacións radiofónicas de Radio Voz Carballo. O programa emitirase en diferido un día da semana que ven, aínda non sabemos cal, xa avisaremos!
RECORDADES O XIGANTE?
Xa fai tempo tamén, aló polo mes de febreiro, o día dos namorados, quixemos falar do amor e do que significaba para nós, para iso vimos esta curta tan especial de orixe galega e cada un escribiu o que levaba no seu corazón.
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Á espera de que fagamos o vídeo oficial aquí vos deixo unha pequena selección de fotos das nosas linguas azuis e galegas.
AS FASES DA LÚA E O UNIVERSO DE MIRÓ
Hoxe atopei fotos desta actividade de xa fai tempo! Mmmmmmm.... recordádela?
E tamén das vosas recreacións do pintor MIRÓ. Sodes uns pequenos artistas!
AS NOSAS PEGADAS CHEGARON A BETANZOS!
A profe Patricia estivo colaborando na organización e participou como ponente nas III Xornadas de Atención á Diversidade de Betanzos. Como recordaredes, fixemos unhas pegadas, aquí vos deixo o chulas que quedaron! A temática destas Xornadas estaba relacionada cunha metáfora entre a escola e o xardín, sen embargo, as nosas "plantas" foron un pouco peculiares... ;)
domingo, 18 de mayo de 2014
jueves, 15 de mayo de 2014
martes, 13 de mayo de 2014
martes, 29 de abril de 2014
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

































