lunes, 27 de abril de 2015

MOITAS GRAZAS!

Ola pequen@s!
Como estades?
Quería darvos as grazas polas cartas que me mandástedes a través da profe Cristina. Que bonitas! Emocioneime! Eu tamén vos boto moito de menos!
Agora estou nun cole na Serra de Outes, cerca de Noia, e teño 20 alumnos e alumnas de 2º. Teño clase ata as cinco da tarde, igual que vos, así que me é moi complicado acercarme a vervos, pero a ver se un día podo.
O outro día nas  xornadas estiven falando da NOSA RADIO NO PEDRAYO, do vídeo contra a violencia de xénero, do calendario de adviento... e de moitos outros traballos que fixéstedes así que, mirade por donde, estádesvos facendo un pouquiño famosos!
Recordade que para facer todos eses traballos ben feitos tivemos que traballar duro e intentalo moitas veces, nunca olvidedes que sen esforzo non hai recompensa.
Bicos e apertas! Que nunca vos fallen as gañas de aprender!

Patricia

P.D. Grazas Cristina por facer de Carteiro Real e polas túas palabras! ;)

No hay comentarios:

Publicar un comentario