Mostrando entradas con la etiqueta RADIO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta RADIO. Mostrar todas las entradas

jueves, 5 de junio de 2014

A NOSA RADIO NO PEDRAIO II

Aquí vos deixo o programa que gravamos en Radio Voz Bergantiños o día 22 de Maio. Seguimos na nosa línea de respeto e convivencia e con novas seccións. Esperamos que vos guste!

miércoles, 28 de mayo de 2014

AVISO PARA AS FAMILIAS: EMISIÓN DO PROGRAMA EN RADIO VOZ.

Definitivamente "A Nosa Radio no Pedraio" emitirase mañá xoves de 11.10 a 11.30 horas. Se non a podedes escoitar subiremos ao blog o enlace da gravación que nos mandarán a media tarde. No periódico "La Voz de Galicia" sacarán a nova ou xoves ou venres.
GRAZAS!

martes, 27 de mayo de 2014

RADIO VOZ

Pois aí estamos como verdadeiro locutores de radio nas instalacións de Radio Voz en Carballo. A emisión do programa será, en principio, o XOVES 29 DE MAIO de 11 a 12 da mañá e seguramente nos sacarán no periódico o venres ou sábado (xa volo confirmaremos)
Aquí vos deixamos un anticipo do que aconteceu.

GRAVANDO EN RADIO VOZ from Patricia Pena on Vimeo.

lunes, 26 de mayo de 2014

AVALIAMOS A NOSA EXPERIENCIA COA RADIO A PARTIR DA MÚSICA.

Hoxe estivemos falando da nosa experiencia como locutores de radio e da visita a RADIO VOZ. Para avaliar esta viaxe utilizamos unha forma diferente (a esta avaliación chámaselle figuro-analóxica).
A profe escolleu catro cancións con catro tipos de músicas:
- MÚSICA CLÁSICA.
- MERENGUE.
- FOLK
- ROCK.

A nosa avaliación foi a seguinte:

-      Uriel: Elijo merengue porque fue animada y nuestra radio no es para aburrir ni para estar triste.
-         David: Elijo merengue porque es muy motivada y divertida.
-         Jonathan: Yo prefiero elegir el Jazz porque me gustó la radio y el Jazz también.
-         Paulo: Clásica: porque si tenemos un problema la escuchamos y nos tranquilizamos.
-         Omnia: Merengue porque no paramos quietas, estábamos como corderos.
-         Alexia: merengue, porque fue más animada.
-         Eric: merengue porque es alegre y te movías.
-         Sergio: Merengue, porque foi moi divertido ir á radio.
-         Carla: el rock porque al principio empezaba pum-pum-pum como nuestro corazón cuando se pone nervioso.
-         Manuel: o merengue porque me gusta e me motiva. Cando estaba alí estaba tranquilo e motivado.
-         Antía: Yo tengo dos. Folk porque es atento, divertido y tranquilo y el merengue porque es divertido.
-          Santi: rock, porque es animado.
-         Yago: merengue porque la radio la hicimos tranquilos.
-         Gabriel: clásica porque la radio me relaja.
-         Noemí: merengue porque fue muy alegre y divertida.
-         Ainara: merengue porque fue muy alegre y divertida como la radio.
-         Fátima: merengue porque foi divertida é clásica porque foi tranquila e non lle puxemos moito ánimo ao falar.
Adán. Rock porque o rock mola e a radio tamén mola.

martes, 20 de mayo de 2014

O DÍA 22 VOLTAMOS Á RADIO!

Recordade familias o día 22, o xoves, ás 15.15 imos gravar "A NOSA RADIO NO PEDRAIO II" nas instalacións radiofónicas de Radio Voz Carballo. O programa emitirase en diferido un día da semana que ven, aínda non sabemos cal, xa avisaremos!


lunes, 17 de febrero de 2014

domingo, 16 de febrero de 2014

SAIMOS DE NOVO NO XORNAL!

Se queredes acceder á noticia da VOZ DE GALICIA picade na imaxe!

E se queredes acceder á páxina do Facebook de CampUSCulturae e ver as fotos que nos sacaron ese día picade tamén na seguinte imaxe:


En canto teña a montaxe das fotos que sacamos ese día xa volo poño! 


viernes, 14 de febrero de 2014

DÍA INTERNACIONAL DA RADIO.

Moitos medios de comunicación se fan eco da inauguración da nova Radio de CampUSCulturae e da participación de moitos escolares neste evento. Aquí vos deixo algunhas noticias relacionadas. Picade nos titulares.





E algunha sorpresiña máis que poderedes atopar no periódico do domingo... se o tempo o permite...

miércoles, 12 de febrero de 2014

Saímos no xornal!

Hoxe publican na Voz de Galicia a noticia da nosa visita á facultade de Ciencias da Comunicación en Santiago de Compostela. Se queredes ver a nova completa picade no seguinte enlace.


E se o que queredes é ver o programa en directo podédelo escoitar (e ver, porque tamén se retransmitirá en vídeo) no seguinte enlace. De momento non hai nada neste enlace porque a radio inaugúrase mañá! Picade na imaxe para ir a el.


FELIZ DÍA DA RADIO PARA TODOS E TODAS!