Mostrando entradas con la etiqueta LINGUA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta LINGUA. Mostrar todas las entradas

miércoles, 26 de marzo de 2014

FACEMOS ANUNCIOS PUBLICITARIOS EN FORMA DE CARTEL

Practicamos no ordenador cun editor de fotos on line, chámase Pizap, non me diredes que non quedaron chulos os anuncios! Uns artistas!



jueves, 30 de enero de 2014

SOMOS INVESTIGADORES ORTOGRÁFICOS.

Temos lupa e todo!
Iremos colgando na pestana superior as faltas de ortografía que vaiamos atopando nas libretas dos compañeiros. Onte tocoulle o turno a Segio atopou que BOLÍGRAFO escríbese con B e con tilde no I..


miércoles, 15 de enero de 2014

PALABRAS INVENTADAS CON PREFIXOS

Co fin de afianzar o significado e o uso dos prefixos fixemos a seguinte actividade na que creamos palabras novas con significados imaxinarios.
Aquí tedes unha mostra dalgunha delas:


Pregafas: Anterior ás gafas.
Prevideoclub: Anterior ao videoclub.
Preanimal: Anterior aos animais.
Preaniversario: Anterior ao aniversario.
...

Subpeluca: Por debaixo da peluca.
Subtartaruga: Por debaixo da tartaruga.
Subesmeralda: Por debaixo das esmeraldas.
 Subfolio: Por debaixo do folio. 
...

Antepersoa: Diante das persoas.
Antelanterna: Diante da lanterna.
Antecágado: Diante dos cágados.
Antedodo: Diante do dodo. Se queredes saber o que é un dodo picade AQUÍ.
...


Rechaqueta: repetir a chaqueta.
Rehistoria: repetir a historia.
Reman: Ter unha man repetida.
Recromo: Ter un cromo repetido.
...

lunes, 13 de enero de 2014

TEMA 6. LINGUA.



Ferramenta dixital para facer crucigramas coas palabras da ortografía.

Ferramenta dixital para facer sopas de letras entre todos coas palabras da ortografía.



Neste tema imos a aprender a escribir críticas e opinións. Debemos aprender que hai opinións diferentes e todas elas poden ser válidas. Ímolo ver co imaxes como esta:


E imos traballar as opinións cos seguintes dilemas morais. 

miércoles, 4 de diciembre de 2013

lunes, 2 de diciembre de 2013

CREAMOS UN CONTO

Hoxe imos crear unha historia coa seguinte animación, imos facer moitas máis cousas.... ensinámovolas noutra entrada! 


CALENDARIO DE ADVIENTO MULTICULTURAL

Dende o Equipo de Dinamización Lingüística do cole ao que pertence a nosa profe, propóñennos este calendario de adviento multicultural. 
Todos os días ademais de comer unha chocolatina desas tan ricas que nos trouxeron David e Santi tamén abriremos unha pestana deste calendario e aprenderemos un montón de cousas sobre o Nadal noutros países do mundo e outras celebracións en lugares de relixión non católica. 
Picade na imaxe para ir a el.

Déixovos un enlace permanente na barra lateral.


lunes, 18 de noviembre de 2013

RECEITAS DE COCIÑA

ALBÓNDEGAS SUECAS.

ARROZ CON POLO

ESPAGUETES 



APRENDEMOS VOCABULARIO EN GALEGO RELACIONADO COA COMIDA: 
Crocante, azucrado, cremoso, esponxoso, frío, quente, picante, salgado, fresco, saudable, deliciososo, rico, agre,  doce, graxento, noxento, repugnante, pasado, cru, podre, picante, soso, fritido, cocido, fresco, á grella ou á prancha, ao vapor, en vinagreta, guisado, afumado, recheo, asado, ao forno, , empanado, fervido, pouco cocido, ao punto, exquisito, ao dente, pesado, insípido, substancioso, seco.

XOGOS PARA O TEMA 4 DE LINGUA

Os recursos están en castelán pero recordade que este tema é en galego! 

PALABRAS POLISÉMICAS




CLASES DE NOMES



miércoles, 30 de octubre de 2013

CURTAS, BRINCALETRAS E SOPAS DE LETRAS.

Dende o Equipo de Dinamización Lingüística do cole propuxéronnos estas actividades para o día de hoxe.
Limos o libro de "A Bruxa Regañadentes" e tamén o de "Fiz, o coleccionista de medos". Aquí volos deixo se queredes ver as curtas animadas dos contos.





Se o que queredes e xogar aos BRINCALETRAS picade nas imaxes que hai a continuación.




As sopas de letras están na páxina web do cole á que podedes acceder picando AQUÍ.

martes, 29 de octubre de 2013

TALLER DE ESCRITURA CREATIVA.

Hoxe na clase, ademais do exame de matemáticas, fixemos un taller de ESCRITURA CREATIVA.
Primeiro, cada un diseñou o seu propio monstruo co seguinte xogo.


Así de chulos nos quedaron!





Despois coa axuda de mooooitos adxectivos fixemos as nosas propias descricións, primeiro na libreta e, unha vez corrixidas, pasámolas a unha folla.
Cada un levou para a súa casa o debuxo do monstruo, a súa descrición e.... UNHA MAN DE MONSTRUO DE VERDADE!
Non sei se chegarían todas ás casas, eran un pouco irresistibles... ;) 





domingo, 27 de octubre de 2013

CONTAMOS HISTORIAS DE MEDO E DESCRIBIMOS MONSTRUOS.

Imos contar esta historia con palabras... uuuuuuuhhhhh.... que medoooo!! (Picade na imaxe)


Seguiremos as instruccións que nos propoñen dende a Biblioteca do Ceip de Pazos para facer contos.





Depois de facer a nosa historia imos DESCRIBIR UN MONSTRUO. Para isto xogaremos no encerado dixital aos xogos de creacións de monstruos online que podedes atopar na recopilación de materiais que aparecen na entrada co nome de SAMAÍN e faremos algunha que outra manualidade (esa será unha sorpresa).

Aprenderemos vocabulario en galego e castelán con estas pautas.


En castelán temos exemplos que miraremos picando AQUÍ  e AQUÍ.

Aínda podemos atopar máis sinónimos e antónimos picando na imaxe e indo a un dicionario no que aprenderemos moito vocabulario para non repetir sempre o mesmo.


Xa veredes o resultado! ;)

RECOPILACIÓN DE CANTIGAS POPULARES

Co fin de aprender un pouco máis sobre as nosas tradicións orais fixemos unha pequena recopilación de cantigas populares en galego. Algúns atrevéronse ata a interpretalas! A nosa clase é multicultural por iso tamén tiveron cabida as cantigas populares doutros países. Aprendendo sobre diferentes culturas aprendemos a convivir e volvémonos máis tolerantes.