lunes, 27 de abril de 2015

MOITAS GRAZAS!

Ola pequen@s!
Como estades?
Quería darvos as grazas polas cartas que me mandástedes a través da profe Cristina. Que bonitas! Emocioneime! Eu tamén vos boto moito de menos!
Agora estou nun cole na Serra de Outes, cerca de Noia, e teño 20 alumnos e alumnas de 2º. Teño clase ata as cinco da tarde, igual que vos, así que me é moi complicado acercarme a vervos, pero a ver se un día podo.
O outro día nas  xornadas estiven falando da NOSA RADIO NO PEDRAYO, do vídeo contra a violencia de xénero, do calendario de adviento... e de moitos outros traballos que fixéstedes así que, mirade por donde, estádesvos facendo un pouquiño famosos!
Recordade que para facer todos eses traballos ben feitos tivemos que traballar duro e intentalo moitas veces, nunca olvidedes que sen esforzo non hai recompensa.
Bicos e apertas! Que nunca vos fallen as gañas de aprender!

Patricia

P.D. Grazas Cristina por facer de Carteiro Real e polas túas palabras! ;)

jueves, 8 de enero de 2015

MERENDOLA E FIN DE CURSO

Ola pequenos e pequenas! 
Atopei na cámara as fotos da merendola que fixemos en fin de curso 2014 así como as da actuación, aquí volas deixo de recordo.
Espero que estedes estudando moito e aprendendo máis! Mándovos un bico grandote!
Que sexades moi, moi felices!




ATA SEMPRE!


jueves, 5 de junio de 2014

A NOSA RADIO NO PEDRAIO II

Aquí vos deixo o programa que gravamos en Radio Voz Bergantiños o día 22 de Maio. Seguimos na nosa línea de respeto e convivencia e con novas seccións. Esperamos que vos guste!

miércoles, 28 de mayo de 2014

RAP DE CONVIVENCIA

Radio, cine e agora rap... Definitivamente estamos feitos uns artistas! 



OBRA DE TEATRO

Hoxe pola tarde fomos ver unha obra de teatro preparada pola profe de relixión e os alumnos e alumnas de 6º titulada MIROS, esta obra trataba sobre un neno refuxiado da guerra de Bosnia. Aquí vos deixamos unhas fotos.


AVISO PARA AS FAMILIAS: EMISIÓN DO PROGRAMA EN RADIO VOZ.

Definitivamente "A Nosa Radio no Pedraio" emitirase mañá xoves de 11.10 a 11.30 horas. Se non a podedes escoitar subiremos ao blog o enlace da gravación que nos mandarán a media tarde. No periódico "La Voz de Galicia" sacarán a nova ou xoves ou venres.
GRAZAS!

TAMBIÉN SOMOS DIRECTORES DE CINE!

Picad en los nombres para ver las películas:

"El abuelo y yo" de NOEMÍ

"Los Zombies" de ADÁN

"Hermanas tontas" de OMNIA

"Amigas amigables" de ANTÍA

"Dos amigos" de PAULO 

"Mejores amigos" de CARLA

Falta la película de Gabriel que no se por que motivo no la guardamos y también estaba realmente bien. La razón de que no haya acentos y que los singnos de admiración y puntuación no vayan al principio es porque la aplicación está en inglés! Y por cierto... que tampoco hay "ñ", claro...

martes, 27 de mayo de 2014

RADIO VOZ

Pois aí estamos como verdadeiro locutores de radio nas instalacións de Radio Voz en Carballo. A emisión do programa será, en principio, o XOVES 29 DE MAIO de 11 a 12 da mañá e seguramente nos sacarán no periódico o venres ou sábado (xa volo confirmaremos)
Aquí vos deixamos un anticipo do que aconteceu.

GRAVANDO EN RADIO VOZ from Patricia Pena on Vimeo.