Ola pequen@s!
Como estades?
Quería darvos as grazas polas cartas que me mandástedes a través da profe Cristina. Que bonitas! Emocioneime! Eu tamén vos boto moito de menos!
Agora estou nun cole na Serra de Outes, cerca de Noia, e teño 20 alumnos e alumnas de 2º. Teño clase ata as cinco da tarde, igual que vos, así que me é moi complicado acercarme a vervos, pero a ver se un día podo.
O outro día nas xornadas estiven falando da NOSA RADIO NO PEDRAYO, do vídeo contra a violencia de xénero, do calendario de adviento... e de moitos outros traballos que fixéstedes así que, mirade por donde, estádesvos facendo un pouquiño famosos!
Recordade que para facer todos eses traballos ben feitos tivemos que traballar duro e intentalo moitas veces, nunca olvidedes que sen esforzo non hai recompensa.
Bicos e apertas! Que nunca vos fallen as gañas de aprender!
Patricia
P.D. Grazas Cristina por facer de Carteiro Real e polas túas palabras! ;)
Mostrando entradas con la etiqueta FIN DE CURSO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta FIN DE CURSO. Mostrar todas las entradas
lunes, 27 de abril de 2015
jueves, 8 de enero de 2015
MERENDOLA E FIN DE CURSO
Ola pequenos e pequenas!
Atopei na cámara as fotos da merendola que fixemos en fin de curso 2014 así como as da actuación, aquí volas deixo de recordo.
Espero que estedes estudando moito e aprendendo máis! Mándovos un bico grandote!
Que sexades moi, moi felices!
ATA SEMPRE!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



